Sunday 12 de May de 2024

Charlas a alumnado de centros educativos da Pobra con motivo do Día Mundial Sen Tabaco


Co gallo do Día Mundial Sen Tabaco, no 31 de maio, a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), organiza unha serie de charlas que serán impartidas polo Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia no CEP Pilar Maestú Sierra, no CEP Salustiano Rey Eiras e no IES da Pobra do Caramiñal.

Así, os coloquios dirixiranse a aproximadamente 140 alumnas/os dos referidos centros educativos para lles explicar cuestións de prevención de saúde bucodental, con especial atención nos problemas que ocasiona o tabaco.

Esta actividade enmárcase na iniciativa Praias sen fume impulsada pola Xunta, a cal neste 2021 terá continuidade no concello da Pobra e entre cuxos obxectivos se atopan promocionar unha vida sen tabaco e non normaliza-lo consumo do tabaco na sociedade. A referida campaña tamén inclúe unha xincana nos campamentos de conciliación que se desenvolven durante o verán, ademais de que a praia dos Areos figura na Rede galega de praias sen fume.